Novo número da nosa edición impresa de Código Cero- Revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

09 Xuño 2026

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 275 na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.


Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á celebración da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia. Tamén abordamos os seguintes temas:
— Remata o programa de alfabetización en IA xenerativa da Deputación da Coruña e o CITIC
— A UDC impulsa o Quantum Lab CITIC
— A Deputación de Lugo lanza unha estratexia de IA propia para o conxunto da provincia
— Entrevistamos a Antonio Rodríguez del Corral, presidente do Clúster TIC
— O Plan Senda 2028 (AMTEGA) dotará á Xustiza dixital de sistemas intelixentes
— A Xunta achega máis de 11 millóns para renovar a rede de comunicacións de emerxencias
— Carballo, A Laracha e Arteixo impulsan un proxecto IA conxunto
— O CPEIG entrega os seus premios na súa gala anual do 12 de xuño en Santiago
— Entrevistamos a Fernando Suárez, presidente do CPEIG
— O IES Rafael Dieste da Coruña prepárase para a gran festa de Aquí tamén se fala III
— As empresas e as entidades galegas converten a innovación nunha constante
— LEDITIA e XESTA responden á demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo
— Galicia segue a achegar novidades en materia de videoxogos e realidades virtuais

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.