Mércores con tempo estable pola mañá e aumento da nubosidade pola tarde nas Rías Baixas e Santiago

16 Xuño 2026

As Rías Baixas e a área de Santiago estarán este mércores baixo a influencia anticiclónica, aínda que con certa inestabilidade debido á presenza de aire frío en capas altas.

A xornada comezará con ceos pouco nubrados ou despexados, con presenza de brétemas no litoral e néboas en zonas do interior. Co avance do día, medrarán nubes de evolución.

As temperaturas mínimas manteranse sen cambios significativos, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso(28 a 30 graos). O vento soprará de compoñente norte, frouxo en xeral e algo máis intenso no litoral atlántico.

meteogalicia

O noso mar; vento do norte á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 2 a 4 á mañá e 3 a 4 á tarde e á noite. Marusía. Visibilidade regular á mañá e á noite e boa á tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros.

Outros artigos

“Alfredo Sánchez Carro”. Xulio Xiz

Que dificil, Alfredo, ter as palabras xustas para despedirte.Pero como o teu eran as palabras e obras, e se as obras son amores, ás obras me vou a referir, para que os lucenses as recorden; para que os lucenses te recorden. El Progreso Lembras, Alfredo, - lembrabas, e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

A frase é do expresidente do Goberno socialista Felipe González Márquez. Rotundo, seguro, sabedor do que foi e do que é?. Pode que si.  Díxoo despois de que o expresidente do Congreso, José Bono, explicara nun mitin que non fixera o parvo, que a el o PSOE débelle...