“Medo e decepción” – José Manuel Pena

02 Xuño 2026

Segundo a ONU, as enquisas de opinión pública en todos os países, coinciden en sinalar que os cidadáns non se senten representados polos seus gobernos e teñen unha pésima opinión da honestidade e sentido do servizo público dos políticos e votan máis en contra do que temen que a favor do que esperan deles. Se é así moitos nos preguntamos, que é o que nos está pasando, cando aceptamos situacións de dominación social cuxo nivel de arbitrariedade e inxustiza son tan manifestos?

Tolstoi dicía que “non hai condicións de vida ás que un home non poida afacerse, sobre todo, se ve que son aceptadas ao seu ao redor”. Mentres as cousas sigan así, nesta época de crise e de crecente desigualdade social, será imposible buscar solucións comúns a problemas que non se viven como tales. Observando a realidade social actual é evidente que existe un claro pasotismo, servidume voluntaria e sometemento dunha gran parte da poboación ante situacións inxustas; é a propia cidadanía a que se escraviza a pesar de saber que non somos cousas, pero acabamos consumíndonos como tales, tratámonos como mera mercadoría, en demasiadas ocasións.

O poder político e financeiro encárgase de enchernos a vida cotiá de episodios de criminalización, de modo que os problemas de saúde causados por algún tipo de desnutrición infantil atribúese ao descoido da nai; a destrución da natureza impútase á necesidade de crecemento; as mutilacións en accidentes de tráfico non son causadas pola situación das estradas senón pola distracción do condutor; o desafiuzamento da vivenda responde máis o descoido do cidadán que á corrupción do sistema ou os recortes sociais son obra do saneamento colectivo e non do fascismo financeiro. Actualmente estamos a chegar a unha situación na cal máis que decepcionarnos dos gobernantes, estamos decepcionados de nós mesmos, da nosa capacidade para deixar de comportarnos como meras marionetas e todo iso grazas ás políticas do medo.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.