Manuel López Rodríguez e Xavier Queipo presentan na ULA de Outes, este venres, as súas novidades literarias

02 Xuño 2026

A ULA Libraría Social da Serra de Outes vai acoller esta semana as últimas novidades literarias de dous relevantes escritores galegos: Manuel López Rodríguez e Xavier Queipo. A cita (dobre) literaria dará comezo o venres ás 20.30 horas.

Manuel López Rodríguez (Noia, 1978) presentará dous dos seus libros de poemas máis recentes: Baixo terra. No ar e 831 – urb, ambos os dous editados por Xerais.

Pola súa banda, Xavier Queipo (Santiago, 1957) virá coa novela Tamarindo (Aira das Letras) e co libro de relatos 66 (Xerais) debaixo do brazo.

Máis información no Facebook da ULA.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.