Máis de 130 persoas participan no Día da Bicicleta, organizado polo Concello de Padrón

07 Xuño 2026

Rapazada e maiores, dende uns meses ata oitenta anos. Máis de 130 persoas participaron este sábado 6 de xuño no Día da Bicicleta que organizou o Concello de Padrón para fomentar hábitos beneficiosos para a saúde e o uso da bici como alternativa sostíbel.

A xornada comezou ás 10.30 horas cunha visita guiada ás instalacións do Club Ciclista Padronés Cortizo. Despois, no paseo do Espolón, nenos e nenas puideron participar nunha xincana e demostrar o seu dominio sobre a bicicleta.

Pouco antes do mediodía, o alcalde, Anxo Arca, daba a saída a un pelotón multicolor. Comezaba un percorrido de 15 quilómetros por diferentes puntos do municipio para gozar do deporte en familia e coa veciñanza. No paseo da Constitución, na zona recreativa da desembocadura do río Sar no Ulla, todas as persoas participantes puideron repoñer forzas antes de continuar a marcha.

Xa de volta no paseo do Espolón, unha vez rematada a ruta, a concelleira de Turismo, Chus Campos baixouse da bicicleta para entregar algúns dos moitos agasallos que a organización sorteou entre todas as persoas participantes. Tamén lle entregou un trofeo a Mario Alfonsín Castro que, con 83 anos, foi o ciclista máis veterano que realizou o percorrido.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.