Luns 15 esperase un tempo máis inestable e descenso das temperaturas

14 Xuño 2026

Comezará a semana marcada por unha situación de certa inestabilidade atmosférica. Durante a xornada do luns 15, as brétemas costeiras serán protagonistas en boa parte do litoral. No interior, pola contra, os ceos presentaranse máis abertos durante as primeiras horas do día.

Co avance da tarde, o aumento da nubosidade de evolución favorecerá a aparición no interior do país de chuvascos acompañados de tormenta, principalmente nas zonas de montaña do sur. Non se esperan chuvias na zona costeira.

As temperaturas experimentarán un descenso entre moderado e notable respecto ás rexistradas nos días anteriores, deixando un ambiente máis fresco en boa parte do territorio.(máximas de 27 graos).

En canto ao vento, soprará do norte, en xeral con intensidade frouxa, aínda que poderá alcanzar intervalos moderados na Costa da Morte.

meteogalicia

O noso mar; Vento do noroeste á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 2 a 4 á mañá, 3 a 5 á tarde e 3 a 4 á noite. Mar ovellado á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade mala á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0 a 1 metros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.