“Lume e destrución” – José Manuel Pena

16 Xuño 2026

Os montes quéimanse por falta de compromiso das diferentes Administracións Públicas. A comezos de cada verán repítese a mesma película, lume e destrución da contorna natural por falta de prevención.

A Xunta de Galicia, así como cada un dos Concellos e Mancomunidades de Municipios, teñen a obriga legal de velar pola riqueza natural da contorna a través das medidas de prevención dos riscos de incendios e para iso teñen que ordenar o territorio, poñendo os medios humanos e materiais necesarios para a limpeza dos montes, dos piñeirais ou leiras máis próximas aos núcleos de poboación.

Os danos materiais e humanos son cuantiosos, implicando un enorme gasto para as Administracións Públicas moito máis que se se utilizasen, durante todo o ano, as medidas de prevención adecuadas, creando emprego e revitalizando as localidades de todo a contorna. Non podemos tampouco esquecernos dos prexuízos ocasionados para a pesca e o marisqueo.

Cando serán conscientes, desde a Xunta de Galicia, de que os incendios son un problema para a nosa Comunidade?, tendo en conta de que a maioría son evitables e moi minoradas as súas consecuencias.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.