Lousame acolle este venres 19 de xuño a presentación do libro “Wolfram. El camino negro”

17 Xuño 2026

O auditorio da Casa da Cultura de Lousame acollerá este venres 19 de xuño, ás 20:30 horas, a presentación do libro Wolfram. El Camino Negro, un libro colectivo publicado pola Universidade de León que analiza o impacto histórico da extracción, comercio e uso do volframio no noroeste peninsular durante a Segunda Guerra Mundial e a ditadura franquista.

Trátase dun libro colectivo no que participa María Teresa Sobradelo Creo, licenciada en Historia e técnica municipal do Concello de Lousame, quen se encargou de escribir a parte dedicada ás Minas de San Finx. O seu artigo, Las minas de San Finx: El origen de la minería del wolframio en España, aborda unha temática que coñece á perfección, toda vez que foi a persoa encargada de dirixir as visitas guiadas ao poboado mineiro das Minas de San Finx durante moitos anos.

Mayte Sobradelo estará acompañada pola coordinadora do libro, Rosa Arburua Goinetxe; pola concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo; e polo alcalde de Lousame, Esteban Ares García. A entrada é libre e gratuíta ata completar o aforo da Casa da Cultura Santeiros de Chave.

A publicación non só analiza aspectos e problemáticas históricas, senón que tamén aborda cuestións sociais como as condicións de traballo das persoas que extraían, lavaban, roubaban ou vendía o volframio e a repercusión que esta actividade tivo nas súas vidas e na dos seus pobos. A maiores, aborda o tráfico ilegal e as redes de contrabando organizadas coa complicidade da ditadura franquista para exportar este mineral á Alemaña nazi esquivando os embargos aliados.

Wolfram. El Camino Negro está escrito en castelán e prologado por Joan Mario Thomás. Consta de sete colaboracións: Los comienzos, de Rosa Arburua Goinetxe e Javier Fernández Loazo; El wolframio español en la Segunda Guerra Mundial: Aspectos generales, de Diego Castro Franco; Las minas de San Finx: El origen de la minería del wolframio en España, de María Teresa Sobradelo Creo; Oro negro en los montes de Casaio: La gran apuesta nazi, de Christian Barrio Fernández e Laura Martínez Panizo; Wolframio, espionaje, contrabando e guerrilla en el noroeste peninsular y la Peña del Seo, Diego Castro Franco; Euskal Herría en la ruta del contrabando, de Rosa Arburua Goinetxe; e El wolfram en el siglo XXI, de Javier Fernández Lozano.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.