Juan Ares inaugura na súa terra unha mostra sobre deseño, mar e cultura, este luns ás 19h no Pazo de Goiáns

08 Xuño 2026

O Pazo de Goiáns vai acoller este luns ás 19.00 horas a inauguración da mostra Deseño, mar e cultura do deseñador local Juan Ares.

Trátase dunha colección de móbeis feitos con rede de pesca mariñeira que se poderá visitar no Pazo de Goiáns durante o mes de xuño.

A inauguración da mostra contará cunha charla coloquio coincidindo co Día Mundial dos Océanos: un faladoiro realizado polo deseñador sobre o respecto ao medio mariño e as oportunidades que xorden do mesmo.

A concelleira de Cultura, María Outeiral, animou á veciñanza a visitar “esta mostra tan especial que mestura deseño, mar e cultura e que se vai levar a cabo nun lugar tan especial como é o Pazo de Goiáns”.

Juan Ares (Escarabote, Boiro, 1978) é un destacado deseñador e interiorista galego. É coñecido internacionalmente polo seu concepto Marine Design, no que emprega materiais e residuos do mar (como redes de pesca abandonadas) para elaborar pezas de mobiliario e decoración.

Algúns dos seus fitos e proxectos máis destacados inclúen o deseño interior do mercado gastronómico La Galiciana situado en Santiago de Compostela e traballos e charlas sobre o deseño e o respecto ao medio mariño en espazos culturais de referencia. É graduado Superior na Escola de Arte e Superior de Deseño (EASD) Mestre Mateo de Santiago de Compostela. A súa obra busca poñer en valor a sustentabilidade e a alma mariña das nosas rías.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.