José Ignacio Carnero presenta “Os fabuladores” en Santiago, Vilagarcía e A Pobra do Caramiñal

11 Xuño 2026

O escritor José Ignacio Carnero presenta en tres concellos da comarca o seu libro Os fabuladores, dentro dunha xira que o levará por Santiago, Vilagarcía e A Pobra do Caramiñal entre os días 11 e 13 de xuño.

Presentación en Couceiro da obra ” Os fabuladores” de José Ignacio Carnero acompañado no acto por Antón Mascato (O Barbanza)

A primeira cita foi este xoves 11 na libraría Couceiro de Santiago, onde o autor estará acompañado por Antón Mascato.

Este venres 12 ás 19.30 horas, a conversa entre Mascato e o escritor terá lugar no marco do ciclo Cidade do Libro, no Parque Miguel Hernández de Vilagarcía, e será presentada pola xornalista Montse Fajardo.

A programación pecharase o sábado 13 ás 19.00 horas no auditorio da Biblioteca Pública Municipal da Pobra do Caramiñal, con Antón Mascato de novo como acompañante do autor.

A obra, publicada por Aira, propón unha mirada literaria arredor da idea da fabulación, nun formato que combina presentación e diálogo co público. As tres sesións ofrecerán a oportunidade de achegarse ao libro e ao traballo do seu autor en diferentes puntos da comarca.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.