Investigadas dúas mulleres por estafar 2.910 euros a un home en Boiro tras drogalo nun hostal

16 Xuño 2026

A Garda Civil investiga a dúas mulleres como presuntas autoras dun delito de estafa denunciado en Boiro, no que a vítima sufriu cargos por un total de 2.910 euros tras o roubo do seu teléfono móbil.

Segundo informou o Instituto Armado, a investigación iniciouse a raíz dunha denuncia presentada o pasado mes de maio no cuartel da Garda Civil de Boiro. O denunciante relatou que, tras unha noite de ocio na Coruña, contactou cunha muller a través dun anuncio en internet e acordaron verse nun hostal da cidade.

De acordo co testemuño recollido, unha vez no lugar a muller ofreceulle unha substancia que, ao pouco tempo de inxerila, lle provocou un estado de alteración da consciencia. Horas máis tarde, outra muller accedeu á habitación —presuntamente avisada pola primeira— e ambas aproveitaron a situación de semiinconsciencia da vítima para apoderarse do seu dispositivo móbil.

Sempre segundo as mesmas fontes, as investigadas accederon á aplicación de banca electrónica do afectado e realizaron diversas operacións económicas que ascenden a 2.910 euros.

A investigación foi levada a cabo polo equipo de asesoramento, prevención e resposta en materia de ciberdelincuencia da Garda Civil do Milladoiro, que realizou distintas xestións de análise e comprobación ata lograr identificar ás dúas presuntas autoras.

Unha vez confirmadas as súas identidades, as dúas mulleres foron investigadas como presuntas responsables dun delito de estafa.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.