GADIS lanza a sétima edición do seu Concurso de Microrrelatos

29 Xuño 2026

A cadea alimentaria galega GADIS confirmou a posta en marcha da nova edición (a sétima) do seu Concurso de Microrrelatos. Coincidindo co verán, a empresa convida os participantes a plasmar as súas ideas ao redor dunha nova temática concreta, Os cambios. Deberán achegar relatos breves, de entre 3 e 100 palabras.

“O noso obxectivo é celebrar a escritura mediante unha iniciativa inclusiva e aberta á participación de distintas xeracións. Queremos motivar tanto aos mozos como aos maiores a explorar a súa faceta máis creativa. Despois de seis anos de traxectoria, comprobamos que hai un enorme talento”, explican desde GADIS, reafirmando o seu compromiso co fomento da lectura e o acceso á cultura para toda a sociedade.

Prazo de inscrición e requisitos

O prazo para enviar as propostas permanecerá aberto ata o 16 de agosto. Quen desexe participar deberán encher o formulario dispoñíbel na páxina web do certame. Os requisitos son moi sinxelos: os textos han de ser orixinais e inéditos, non superar as cen palabras, estar asinados por persoas maiores de 14 anos e poden ser escritos tanto en castelán como en galego.

Inspiración e liberdade creativa

Á hora de seleccionar os relatos finalistas, o xurado avaliará criterios como a orixinalidade, a sensibilidade, a creatividade e a capacidade de síntese dos autores. Con Os cambios como eixo central, o enfoque das historias é totalmente libre: desde vivencias propias ou relatos realistas ata narracións de corte fantástico ou de ficción, informou a empresa.

Na web do concurso lánzanse as seguintes ideas: “A primeira folla que cae no outono. A primeira flor que brota na primavera. O laranxa do atardecer cando os días se empezan a facer máis longos. O nó no estómago do teu primeiro día de clase. A satisfacción de descubrir unha comida nova. O orgullo de ver aos teus conseguindo o que queren. A vida transcorre entre cambios e son estes detalles os que che acaban convertendo en quen es”.

12.000 exemplares dun libro de microrrelatos

GADIS reunirá as cen obras finalistas nun volume recompilatorio. Imprimiranse un total de 12.000 exemplares, que se distribuirán de forma gratuíta nos supermercados de Galicia e Castela e León. Así mesmo, o libro contará cunha versión dixital descargábel na web do certame para dar unha maior visibilidade aos autores elixidos. Desde o lanzamento da primeira edición do concurso, a cadea xa editou máis de 72.000 libros de relatos.

Premios para os gañadores

O xurado seleccionará tres gañadores, cuxos premios consistirán nun libro electrónico para cada un, alén dun cheque de 100 euros para o primeiro premio e outro por valor de 50 euros para o segundo.

Éxito de participación: máis de 10.000 relatos breves en seis edicións

Ao longo da súa historia, o concurso reuniu máis de 10.000 relatos breves. En 2025, participaron 2.585 propostas de 31 provincias diferentes. As temáticas foron evolucionando en cada edición, desde O destino da primeira convocatoria, ata Os cambios, da actual, pasando por Os encontros, Os descubrimentos, Os soños, A natureza e Os inicios.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.