Francisco Xabier Vázquez presenta en Compostela o seu novo poemario Tríade

19 Xuño 2026

A libraría Couceiro de Santiago de Compostela acollerá o vindeiro sábado 20 de xuño, ás 12.30 horas, a presentación de Tríade, o novo poemario de Francisco Xabier Vázquez Chantada, publicado pola editorial Toxosoutos.

A obra estrutúrase en tres partes —A forza das cousas, A historia que sabemos e vivir e De a diario e de lonxe—, configurando unha proposta poética que afonda na reflexión sobre a experiencia humana, a memoria e a realidade cotiá.

No acto intervirán Ángeles Álvarez, profesora de literatura e dinamizadora cultural; a soprano Susana Lorenzo; o artista Jesús ArtÉxtasis; a compositora e intérprete Salomé Fernández Senra; e o propio autor, que compartirá co público as claves dunha obra chamada a ocupar un lugar destacado na súa traxectoria literaria.

A presentación contará tamén coa colaboración artística e musical dos participantes, converténdose nun encontro cultural arredor da poesía contemporánea galega nun dos espazos de referencia das letras do país. O evento celebrarase na Libraría Couceiro e a entrada será libre ata completar a capacidade do local.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

Decía Séneca que “errar es humano” y por tanto, si esto fuese así, uno podría concluir que “no errar será de no humanos”. Dos mil años después, esta premisa necesita una actualización y no porque haya dejado de ser cierta, sino porque ya empieza a haber quien, con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.