Galicia vivirá este xoves 11, San Bernabé, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica, coa influencia anticiclónica e a entrada dunha masa de aire cálido procedente de latitudes inferiores.
Agárdanse ceos con nubes altas, aínda que estas non impedirán o paso do sol durante a maior parte do día. As temperaturas rexistrarán un ascenso entre lixeiro e moderado, polo que o ambiente será máis cálido ca nas últimas xornadas. (28 a 32 graos de máxima).
En canto ao vento, soprará do nordés, moderado en xeral, aínda que no litoral noroeste poderán darse refachos fortes.

O noso mar; vento do norte á mañá e á tarde e do nordés á noite, forza 3 a 5 á mañá e á noite e 4 a 5 á tarde. Forte marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.



