Artes celebra as súas festas do verán nesta fin de semana

15 Xuño 2026

Coa chegada do verán, as parroquias e lugares do municipio ribeirense celebran as súas festas. Esta seguinte fin de semana será a quenda de Artes, que converterá a contorna do Centro Recreativo nun campo de festa como indicaron o concelleiro de Festexos, Fernando Abraldes; a presidenta da comisión, Rosa Orellán; a secretaria, Naíma El Gargari; e os integrantes, Manuel Reiriz e Arturo Vidal.

“Xa levamos varias fins de semana desfrutando do ambiente festivo das nosas parroquias e, desta vez, Artes converterase na protagonista con tres días de actividades, onde a tradicional sardiñada é un dos seus sinais de identidade ao converterse nun punto onde moita xente fai comunidade. A comisión de festas fixo un gran traballo para sacar adiante este cartel e, coma sempre, o Concello de Ribeira estará ao carón de tódalas entidades para dinamizar cada recuncho do noso municipio durante o verán”, en palabras do edil.

A axenda comezará no venres 19 na honra de San Antonio. Xa ben cedo, ás 10.00 horas, haberá dianas e alboradas a cargo do grupo de gaitas Os Liantes para, ás 12.00 horas, asistir á misa solemne con procesión. A música regresará na noite, a partir das 23.00 horas, coa actuación do grupo Leite con Jalletas e Planet Discomóvil con Mateo Abelleira.

Na xornada seguinte, sábado 20, homenaxearase á Virxe do Carme.

O inicio do día virá tamén marcado polas dianas e alboradas con Os Liantes, ás 10.00 horas, para dar paso ao oficio relixioso con procesión, ás 12.00 horas. A tarde estará protagonizada pola rapazada, a partir das 17.00 horas, con inchábeis e escuma, ademais do campionato de chave por parellas, con trofeo para as dúas primeiras, ás 18.00 horas. A orquestra La Travesía e Planet Discomóvil con Tito Maverick serán os poñan a bailar ao público pola noite.E, para despedir as festas, o domingo 21 estará dedicado ao Sagrado Corazón de Xesús. Comezará novamente coas dianas e alboradas a cargo de Os Liantes para, ás 10.00 horas, para, posteriormente, ir ámisa e procesión, ás 12.00 horas. No mediodía chegará o momento da tradicional sardiñada e churrascada con cachelos, pan e viño (todo de balde) amenizada por Os Liantes, das 13.00 horas; unha cita con compoñente gastronómica que reúne a numerosos veciños e visitantes, erixíndose como un dos grandes reclamos desta celebración. Despois de comer, ás 14.30 horas, volverá a xente a moverse ao son da música do Grupo Arena.

Outros artigos

Alerta laranxa o sábado con risco de treboadas sobre todo no interior

Activada este sábado a alerta laranxa ante a previsión de intensas tormentas e precipitacións que afectarán principalmente ao noroeste e ao interior da provincia da Coruña. Segundo os datos facilitados pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o aviso activarase a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.