Ana Teira inaugura na Pobra a súa primeira exposición individual

03 Xuño 2026

A Casa da Cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal acollerá durante todo o mes de xuño As conversas…, a primeira exposición individual da artista Ana Teira, que abre así unha nova etapa na súa traxectoria creativa.

Estudante de Conservación e Restauración de Bens Culturais en Galicia, Teira participou previamente en diversas mostras colectivas. A pintura constitúe o seu principal medio de expresión, unha disciplina a través da cal explora emocións, vivencias e escenas ligadas ao cotián, partindo da observación dos pequenos detalles da vida diaria.

Na evolución da súa linguaxe plástica destaca a influencia de Paco Casal, figura clave no seu desenvolvemento artístico. As obras que compoñen esta exposición caracterízanse por unha pincelada enérxica e unha notable forza expresiva, combinadas cunha paleta cromática diversa que busca transmitir intensidade emocional e establecer unha conexión directa co público.

A inauguración terá lugar o venres 5 de xuño, ás 20.30 horas, e contará coa actuación musical de Mariló. A mostra poderá visitarse ao longo de todo o mes nas instalacións culturais municipais.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.