Aberto o prazo para o programa Benestar en Balnearios de Galicia 2026

03 Xuño 2026

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no Programa Benestar en Balnearios de Galicia 2026, unha iniciativa dirixida á poboación residente na comunidade autónoma. Poderán beneficiarse as persoas de 60 ou máis anos, así como pensionistas maiores de 55, que ademais poderán acudir acompañadas doutra persoa.

O programa ofrece estadías de 10 días e 9 noites en réxime de pensión completa en calquera dos 15 balnearios galegos adheridos. As quendas desenvolveranse entre os meses de xullo e decembro e inclúen tratamentos termais baixo supervisión médica, ademais de actividades de animación sociocultural.

Desde os Servizos Sociais da Pobra do Caramiñal fan un chamamento á veciñanza que cumpra os requisitos para que se informe sobre esta convocatoria e formalice a súa solicitude.

As persoas interesadas poden realizar o trámite a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou recibir asesoramento nas oficinas municipais de Servizos Sociais. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro 26 de xuño.

Outros artigos

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...