A Xunta impulsa o primeiro rexistro galego de persoas centenarias para afrontar os retos da lonxevidade

15 Xuño 2026

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a posta en marcha do Rexistro Galego de Persoas Centenarias (Regace), unha iniciativa pioneira en España que situará Galicia como referente no estudo da lonxevidade e permitirá afondar nas claves do envellecemento.

Segundo explicou, na actualidade preto de 1.800 persoas de cen ou máis anos residen na comunidade, o que representa arredor do 12% do total da poboación centenaria do Estado. Un dato que, ao seu xuízo, evidencia tanto a realidade demográfica galega como unha oportunidade para avanzar no coñecemento científico e sanitario.

O titular de Sanidade puxo tamén en valor os indicadores de esperanza de vida en Galicia, que se sitúan en 81,19 anos para os homes e 86,83 para as mulleres, por riba da media estatal en ambos os casos.

Na presentación do rexistro, na que estivo acompañado pola directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria, Sofía López, e pola directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, Gómez Caamaño subliñou que o Regace non será só unha ferramenta estatística, senón tamén un instrumento clave para orientar as políticas sanitarias.

Neste sentido, explicou que o rexistro se aliña coa Estratexia galega de saúde 2030, que aposta por un modelo asistencial máis preventivo, personalizado e baseado no coñecemento. Así, permitirá recompilar información epidemiolóxica máis precisa sobre as persoas centenarias, identificar factores asociados ao envellecemento saudable e mellorar a planificación dos servizos sanitarios e sociosanitarios.

Ademais, facilitará aos profesionais sanitarios unha maior dispoñibilidade de datos para ofrecer unha atención adaptada ás características e necesidades deste colectivo. O conselleiro avanzou tamén que a Xunta publicará proximamente a orde que regulará o funcionamento do Rexistro Galego de Persoas Centenarias.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.