A Pobra do Caramiñal promociona a súa oferta turística e festiva en FESTUR 2026

04 Xuño 2026

A Pobra do Caramiñal promove estes días a súa oferta turística, cultural e festiva en FESTUR 2026, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra en Silleda no marco de TUREXPO Galicia e da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia.

A Concellaría de Turismo participa no evento cun stand propio no que dá a coñecer os principais atractivos do municipio, desde os seus recursos naturais e patrimoniais ata a súa gastronomía e o amplo calendario de celebracións estivais. O obxectivo é reforzar a visibilidade da Pobra entre o público visitante e os profesionais do sector turístico.

Durante os días da feira, que se prolongará ata o vindeiro domingo, o espazo promocional ofrece información turística, material divulgativo e contidos relacionados coas festas e tradicións pobrenses, contribuíndo á difusión da identidade local e á captación de novos visitantes.

A participación en FESTUR permite ademais establecer contactos con empresas, entidades e operadores turísticos presentes no certame, favorecendo a creación de sinerxías e novas oportunidades de colaboración.

Desde a Concellaría de Turismo, que dirixe Estefanía Ramos, destacan a importancia de estar presentes en citas como FESTUR e TUREXPO Galicia, consideradas un dos principais escaparates do turismo galego ao reunir administracións, destinos e profesionais nun mesmo espazo.

Con esta iniciativa, o Concello da Pobra do Caramiñal reafirma a súa aposta pola promoción turística como ferramenta de dinamización económica e de posta en valor do patrimonio, a cultura e as tradicións locais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

Antes de conocer el mundo, lo leímos. Antes de caminarlo, ya habíamos recorrido sus sendas, descifrando la urdimbre, esa palabra hermosa que nace del latín ordiri para tramar o tejer nuestra propia existencia. Fuimos porque otros soñaron antes. Navegamos con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.