A Iberian Windsurf Cup buscará o mellor vento e ondas en Castiñeiras do 10 ao 12 de xullo

25 Xuño 2026

A praia do Castro de Castiñeiras dará cabida á Iberian Windsurf Cup do 10 ao 12 de xullo; un evento que busca o mellor vento e ondas.

Na presentación estiveron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal; o presidente do Club de Windsurf Catro Ventos, Juan Parada; o directivo do Club de Windsurf Catro Ventos, Paulo Bueno; e o responsábel da parte técnica e creativa do circuíto, Alberto Pérez.

O edil manifestou que “Ribeira é todo un referente no deporte e, como non podía ser doutro xeito, no verán toca potencias as disciplinas náuticas. A praia do Castro é un lugar de encontro para os amantes do windsurf, así que para nós é todo un orgullo acoller esta competición que reunirá aos mellores deportistas deste eido”.

O prazo de inscrición leva aberto dende o 20 de maio e agárdase acadar a participación dunha trintena de regatistas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.