A Deputación achega un investimento para mellorar a seguridade en Outes

26 Xuño 2026

O pleno da Deputación da Coruña deu luz verde a un investimento global de preto de 1,2 millóns de euros destinado a financiar tres importantes intervencións de mellora e mantemento na rede viaria provincial. Estes fondos permitirán acometer actuacións de reforzo de firme, accesibilidade e seguridade nos concellos de Cariño, Outes e Ferrol. 

En Outes a institución provincial destina un orzamento de 672.298,42 euros dirixido a mellorar as condicións de circulación da estrada DP-6202, que conecta este municipio cara á AC-400 por Valadares, especificamente entre os puntos quilométricos 5+000 e 10+375. A plataforma da vía renovarase por completo, executando tarefas previas de roza de marxes, limpeza de beiravías, apertura de cunetas e poda de arborado, xunto co fresado e a reposición de pavimento naquelas zonas que o precisen. O proxecto tamén inclúe a instalación de sinalización vertical e horizontal e a colocación de novos elementos de balizamento ou defensa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.