A Asociación Ambar anuncia a nova data para a XII Carreira pola Diversidade

01 Xuño 2026


A organización da XII Carreira pola Diversidade, promovida pola Asociación Ambar, comunicou oficialmente a nova data de celebración da proba deportiva, que tivo que ser aprazada debido ás previsións meteorolóxicas adversas que comprometían o correcto desenvolvemento do evento na cita inicialmente prevista. Finalmente, a carreira terá lugar o domingo 12 de xullo na explanada de Coroso, en Ribeira.

Información relevante para as persoas inscritas

Validez das inscricións: Todas as inscricións xa realizadas seguirán sendo válidas de xeito automático para a nova data.

Apertura de novos prazos: Ábrese un novo período de inscrición, que estará dispoñíbel ata o 6 de xullo na páxina cronotec.es, para todas aquelas persoas que non puideron anotarse no seu momento e desexen participar.

Política de devolucións: Aquelas persoas que non poidan asistir na nova data e queiran solicitar o reembolso do importe, poderán facelo enviando un correo electrónico a crono@cronotec.es indicando os seus datos de inscrición.

Desde a organización agradecen “de corazón a comprensión, o apoio e a confianza depositada por parte de corredores, patrocinadores e institucións colaboradoras”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...