Yolanda Díaz destaca en A Coruña o papel clave das cooperativas fronte ao reto da vivenda

02 Maio 2026

A vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, participou este sábado nun encontro con cooperativas galegas en A Coruña, centrado nos ámbitos dos coidados, a vivenda colaborativa e a intervención social. Entre as participantes estiveron “Enraizando, S. Coop. Galega”: intervención social, educativa e terapéutica con colectivos en exclusión e/ou con discapacidade, en Ribeira e “Proxecto Alvariza”: vivenda en cesión de uso en Santiago de Compostela, tamén integrado en REAS.

A xuntanza, organizada pola EspazoCoop baixo o título “Coidar, vivir, incluír”, reuniu a representantes de nove cooperativas galegas. No acto tamén estiveron presentes a secretaria de Estado de Economía Social, Amparo Merino; a presidenta de EspazoCoop, Ana Olveira; e o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco.

Durante a súa intervención, Díaz destacou o papel da economía social como ferramenta clave para dar resposta ás necesidades da cidadanía, salientando o labor das cooperativas na creación de contornos máis inclusivos e na garantía de dereitos. “A economía social pon ás persoas por diante dos beneficios”, subliñou.

A ministra fixo especial fincapé na recente aprobación da Ley Integral de Impulso de la Economía Social, unha norma que, segundo explicou, moderniza e reforza o marco legal do sector. Entre outras medidas, a lei impulsa fórmulas innovadoras como a vivenda cooperativa en réxime de cesión de uso, recoñecida por primeira vez como especialmente protexida.

Neste sentido, Díaz incidiu en que a economía social pode ser un aliado fundamental para facer fronte ao problema da vivenda. “O principal problema de España hoxe chámase vivenda”, afirmou, destacando o potencial do cooperativismo para facilitar o acceso a fogares dignos e asequibles.

O encontro serviu tamén para reforzar o papel de Galicia como territorio de referencia no desenvolvemento de iniciativas cooperativas ligadas aos coidados e á vivenda. A vicepresidenta pechou a xornada cunha mensaxe de recoñecemento ao sector e co compromiso do Goberno de seguir apoiando o seu crecemento e capacidade transformadora.

As cooperativas que interviñeron:

  • Colectivo Colaxe (Casas do Maior): xestiona unha rede de 10 cooperativas e 21 Casas do Maior na Costa da Morte.
  • Chanzo a Chanzo, S. Coop. Galega: servizos sociosanitarios; xestiona unha Casa do Maior e unha Casa Niño (0-3 anos) en As Somozas.
  • Atoupa, S. Coop. Galega Xuvenil: Consultoría e investigación social (Informe CMs), en Vilalba.
  • Lenda Educativa, S. Coop. Galega: educación multidisciplinar para colectivos con diversidades, en Carballo.
  • Enraizando, S. Coop. Galega: intervención social, educativa e terapéutica con colectivos en exclusión e/ou con discapacidade, en Ribeira.
  • Outra Forma de Vivenda / Proxecto As Lavandeiras: vivenda colaborativa en cesión de uso, en A Coruña. Integrada no Grupo galego de vivenda colaborativa de REAS.
  • Proxecto Alvariza: vivenda en cesión de uso en Santiago de Compostela, tamén integrado en REAS.
  • Proxecto O Fogar na Ulla: cooperativa de vivenda en cesión de uso, integrada en REAS.
  • Agrelar Consultoría: consultora galega especializada en proxectos de vivenda colaborativa e inclusiva.
  • Fiare Banca Ética: entidade cooperativa que ofrece servizos financeiros con enfoque na economía social, solidaria e o impacto socioambiental positivo.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.