Xoves inestable con chuvascos no interior e ceos máis abertos nas Rías Baixas

06 Maio 2026

A xornada do xoves estará marcada pola inestabilidade atmosférica, debido á presenza de aire frío en capas altas da atmosfera.

En Rías Baixas, agárdanse ceos máis abertos en xeral, con néboas matinais puntuais a primeiras horas. Co avance do día poderán aparecer nubes de evolución, aínda que con menor probabilidade de precipitacións ca no interior.

En Santiago de Compostela, a situación será algo máis inestable. Tras un comezo con posibles néboas, medrarán as nubes ao longo da xornada, deixando chuvascos localmente treboentos, especialmente pola tarde, cando poderán ser máis intensos.

As temperaturas mínimas manteranse sen cambios significativos, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. En canto ao vento, soprará do nordés moderado na metade norte, sendo frouxo no resto, con tendencia a virar a suroeste ao final do día.

meteogalicia

O noso mar; vento do norte á mañá, do noroeste á tarde e variable á noite, forza 1 a 3 á mañá e 2 a 3 á tarde e á noite. Mar ovellado. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.