O sábado estará marcado pola inestabilidade atmosférica debido á entrada de aire frío en altura. Ao longo da mañá agárdanse ceos con alternancia de nubes e claros, aínda que con maior nubosidade na metade oeste, onde xa se rexistrarán chuvascos ocasionais.
Co avance da xornada, os chuvascos estenderanse a zonas do interior, onde poderán ser puntualmente treboentos durante a tarde. As temperaturas mínimas manteranse sen cambios significativos, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro descenso.(16 a 18 graos).
En canto ao vento, soprará do sur-suroeste, con intensidade frouxa durante a mañá e aumentando a moderada a partir da tarde.

O noso mar: Vento do sur á mañá, do sudoeste á tarde e variable á noite, forza 1 a 3 á mañá, 3 a 4 á tarde e 2 a 3 á noite. Mar ovellado á mañá e á noite e marusía á tarde. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros.


