Venres pasado por auga en Galicia con chuvascos e temperaturas máis baixas do habitual

07 Maio 2026

Galicia estará este venres baixo a influencia dunha borrasca situada ao oeste de Portugal, que enviará distintas liñas de inestabilidade sobre a comunidade.

A xornada comezará con ceos nubrados e precipitacións máis intensas na metade leste do territorio durante a mañá. Co avance do día, as chuvias irán quedando en forma de chuvascos, máis probables nas zonas do interior e con posibilidade de aparello eléctrico en puntos concretos.

As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso, mentres que as máximas descenderán de maneira apreciable, situándose en valores baixos para esta época do ano/16 a 18 graos).

En canto ao vento, soprará frouxo do sur-suroeste na maior parte de Galicia, con maior intensidade no litoral. Ao final do día tenderá a virar a compoñente leste-nordés.

meteogalicia

O noso mar; vento do sur á mañá, do sur á tarde e do nordés á noite, forza 2 a 3 á mañá, 3 a 4 á tarde e 3 a 5 á noite. Mar ovellado á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

Está moi ben tratar de blindar na Constitución Española, que todas as pensións (de xubilación, invalidez, viuvez, en favor de familiares,…) se revaloricen, anualmente, segundo o Índice de Prezos ao Consumo; que se incremente, anualmente, o Salario Mínimo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.