Unhas 350 persoas participaron na VII Andaina do Santo Isidro Letras Galegas en Rois

18 Maio 2026

Unhas 350 persoas de todas as idades participaron este domingo, 17 de maio, na VII Andaina do Santo Isidro Letras Galegas, organizada polo Concello de Rois dentro da programación das festas patronais e da conmemoración do Día das Letras Galegas.

A actividade contou cun percorrido con saída e chegada no polideportivo de Urdilde, nunha xornada marcada polo bo ambiente e a elevada participación. Os distintos puntos quilométricos da ruta incluíron coplas populares recollidas por Clodio González Pérez no Cancioneiro popular do Concello de Rois, unha proposta coa que o Concello quixo unir a práctica deportiva coa divulgación da tradición oral e cultural do municipio.

As persoas participantes estaban convidadas a compartir nas redes sociais fotografías da ruta co cancelo #Roiscoasletras para participar no sorteo dunhas zapatillas de sendeirismo, unha iniciativa que permanecerá aberta ata o vindeiro 21 de maio.

O Concello agradece a colaboración de Panadería San José, Agro Esparís, Agronovo Rois, Primas Bentrón e da agrupación de Protección Civil, entidades que contribuíron ao desenvolvemento desta sétima edición da andaina.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

Foi necesario o paso de 60 anos para acadar que os habitantes da capital de Ribeira carentes de medios de transporte propios poideran desprazarse ata a praia do Vilar na tempada de verán. Esta praia é un dos máis prezados tesouros da contorna ribeirense e tardaron ben...

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

Saen dos seus fogares, todas as semanas, en busca de alimentos, medicamentos, bonos para viaxes ou algunha que outra axuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acoden a algunha ONG ou entidade social que as axudan desde hai décadas e mesmo, a algunhas...