Unha trintena de persoas participa no inicio das IX Xornadas Saudables de Ribeira

07 Maio 2026

As IX Xornadas Saudables organizadas polo Concello de Ribeira arrancaron este xoves no Centro Cultural Lustres Rivas coa participación dunha trintena de persoas.

A iniciativa, desenvolvida en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, inclúe catro obradoiros gratuítos ao longo do mes de maio co obxectivo de mellorar a calidade de vida da cidadanía, especialmente de pacientes, familiares e persoas coidadoras.

A primeira sesión estivo centrada no coidado ao coidador e foi impartida por Marichel Costas, enfermeira da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada da Coruña.

Na inauguración das xornadas, o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, destacou a importancia de que as persoas coidadoras “non se sintan soas nin relegadas a un segundo plano”, subliñando que o autocoidado é fundamental tanto para garantir unha boa atención como para preservar o propio benestar.

O programa continuará o día 14 cun taller sobre estilos de vida saudable e mindfulness impartido por Orlando Blanco, técnico do Servizo de Estilos de Vida Saudables e Educación para a Saúde da Consellería de Sanidade.

O día 21 celebrarase unha sesión de musicoterapia dirixida por Damián Cairo, docente do Conservatorio Profesional da Coruña. As xornadas concluirán o día 28 cun obradoiro sobre seguridade e coidados no fogar a cargo de Ana Isabel Calvo, profesional da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas.

As persoas asistentes recibirán un certificado acreditativo da súa participación.

Segundo destacou Vicente Mariño, esta novena edición pon o foco “na saúde mental e nas emocións”, apostando por unha visión integral do benestar baseada no equilibrio entre corpo, mente e emocións.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.