Unha persoa resulta ferida tras o incendio dunha cociña en Noia

25 Maio 2026

O suceso ocorreu na Rúa dos Irmáns Labarta. Foi un dos habitantes da vivenda quen realizou a chamada ao 112 Galicia ás 13:25 horas para informar de que estaba a arder a cociña da casa. Minutos despois, o propio alertante indicou que xa sufocaran as lapas, pero que o seu marido precisaba asistencia sanitaria ao presentar queimaduras na cara.

De inmediato, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia solicitouse a intervención do GES de Noia, dos Bombeiros de Boiro, do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos axentes da Policía Local.

Unha vez no lugar, os medios de emerxencia confirmaron que o incendio xa estaba extinguido, polo que procederon a ventilar a vivenda e a realizar as medicións de gases correspondentes. Segundo as informacións recollidas, arderon varios mobles e electrodomésticos da cociña, e o resto do piso quedou afectado polo fume. A maiores, os servizos médicos evacuaron á persoa ferida ao centro hospitalario de referencia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.