Un milleiro de rapaces e rapazas participaron na XXXIII edición das Escolas Deportivas Municipais do Concello de Boiro

30 Maio 2026

O Concello de Boiro celebrou este sábado a clausura da XXXIII edición das Escolas Deportivas Municipais cunha gran festa do deporte na que participaron máis dun milleiro de nenos e nenas ao longo da tempada 2025/2026.

A xornada desenvolveuse nas pistas de A Boqueira de A Negral e no pavillón da Cachada, con exhibicións de tenis infantil, baloncesto, ciclismo, xadrez, voleibol, remo e patinaxe desde primeira hora da mañá. O alcalde, José Ramón Romero, participou no acto de entrega de agasallos e camisetas conmemorativas aos clubs.

Romero puxo en valor a ampla participación nas escolas e destacou non só os beneficios da práctica deportiva para a saúde, senón tamén os valores e a disciplina que transmite entre a mocidade.

As Escolas Deportivas Municipais de Boiro inclúen tamén actividades para persoas adultas, como ximnasia para xubilados, Boiro Actívate para persoas con patoloxías e tenis. No ámbito infantil e xuvenil ofértanse disciplinas como atletismo, piragüismo, natación, vela, triatlón ou golf, entre outras, en colaboración cos clubs deportivos do municipio.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.