UCIN volve reclamar a rehabilitación urxente da Galiña Azul de Boiro

13 Maio 2026

A agrupación UCIN Galicia emitiu un novo comunicado no que volve reclamar “á Xunta e ao Concello” a recuperación urxente da Galiña Azul do Saltiño (Boiro). Nas súas palabras, este centro educativo “é unha bomba de reloxería para os nenos”. Consideran que o inmóbel está mergullado “nun abandono institucional intolerábel”.

A formación afirma que a situación do centro “supera calquera límite razoábel de seguridade e salubridade”, e acusa ás administracións de manter unha “pasividade escandalosa” mentres menores de entre 0 e 3 anos continúan asistindo diariamente a unhas dependencias que cualifican de “auténtica trampa de risco”, que presentan, din, “graves problemas de humidades, mofos en aulas e teitos, teitos danados e baños que non se poden usar, elementos eléctricos expostos e estruturas de seguridade infantil suxeitas de forma precaria e impropia nun centro educativo”.

Sinalar que a rede de Escolas Galiña Azul dependen directamente da Xunta de Galicia, concretamente a través das seguintes entidades: o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (Consellería de Política Social e Igualdade), tal e como é o caso da escola do Saltiño. Malia esta titularidade autonómica, en UCIN Galicia consideran que o Concello de Boiro tamén tería marxe de manobra para reverter a situación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

Foi necesario o paso de 60 anos para acadar que os habitantes da capital de Ribeira carentes de medios de transporte propios poideran desprazarse ata a praia do Vilar na tempada de verán. Esta praia é un dos máis prezados tesouros da contorna ribeirense e tardaron ben...

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

Saen dos seus fogares, todas as semanas, en busca de alimentos, medicamentos, bonos para viaxes ou algunha que outra axuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acoden a algunha ONG ou entidade social que as axudan desde hai décadas e mesmo, a algunhas...