O tempo en Galicia estará marcado este domingo 3, día da Nai e de San Felipe Neri e da Santa Cruz, pola inestabilidade, debido á presenza de aire frío en altura. Agárdanse ceos con intervalos nubrados e chuvascos, que serán máis probables e intensos no interior da comunidade durante a tarde, onde incluso poderán rexistrarse treboadas de carácter local.
As temperaturas manteranse sen cambios significativos ou experimentarán un lixeiro descenso (19 a 20 graos). Pola súa banda, os ventos soprarán do noroeste, en xeral frouxos, aínda que con intervalos de moderado no litoral.

O noso mar: Vento do norte á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 3 á mañá, 2 a 4 á tarde e 3 a 4 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.



