SOGAPS e o Concello de Rianxo buscan familias de acollida de menores saharauís

07 Maio 2026

A Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS) busca familias de acollida de menores saharauís en Rianxo, para pasar o verán na localidade e lonxe das temperaturas extremas do deserto africano, dentro do programa Vacacións en Paz 2026, no que colabora dende hai anos, activamente, o Concello de Rianxo. Dende o Goberno local lembran que “cada verán, nenos e nenas saharauís que viven nos campamentos de persoas refuxiadas no deserto teñen a oportunidade de pasar dous meses (xullo e agosto) lonxe de condicións extremas; son menores que medran soportando temperaturas superiores aos 45º, con recursos moi limitados e afastados de moitas das oportunidades básicas que aquí damos por feitas”.

Por iso, a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí fai un chamamento a toda Galicia para abrir as portas dos seus fogares e dos seus corazóns. “Precísanse familias de acollida que queiran ofrecerlles un verán diferente: de descanso, atención médica, alimentación equilibrada e, sobre todo, agarimo”, sinalan dende SOGAPS e o Concello, lembrando que para máis información está dispoñíbel a conta asociacion sogaps@yahoo.es e o teléfono móbil 669 078 725.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.