“Sería de risa se non fose polo que doe: a política da ignorancia” – Antón Luaces

08 Maio 2026

Os que temos idade dabondo para establecer comparanzas en materia política na España de 2026 a respecto da dos anos anteriores (ata a morte de Franco) non seremos quen, opino, de fixar os límites que corresponden a cada un en función da súa actividade, sexa esta nun concello, unha deputación, unha autonomía, no Congreso dos Deputados, no Senado ou no Parlamento europeo. 

Son estas as zonas ou “canchas” nas que xogan -para ben ou para mal- os protagonistas de, en cada día, a xornada nas respectivas cámaras ou no quefacer diario. Mais mentiría descaradamente se chegara a insinuar -non digo xa a considerar en serio- que estou satisfeito co que din e fan, co que achegan á cidadanía, aqueles que, teoricamente, traballan  polo ben estar dos que, directa ou indirectamente, os eliximos para nos representar nelas.

Des que temos democracia neste noso país, foron tres en distintos tempos e modos os partidos políticos que aquí detentaron o poder: UCD, PSOE e PP. Con diferenzas globais moi significativas entre uns e outros, recoñezo que as políticas aplicadas por eles deixa satisfeitos a moi poucos dos españois que lles pagamos os salarios que perciben e que, sen ser estes extraordinarios, recoñezo tamén que non poucos os cobran sen gañalos e con menos méritos dos que aportan mensualmente traballadores que non superan o salario mínimo interprofesional como pago polo seu labor.

Podería dicirse, ao meu criterio persoal, que hai moitos políticos que cobran máis polos seus aplausos nos salóns de sesións durante un pleno, ca un empregado nun taller, unha mina, un barco,, etc., etc. E aínda así, bastantes dos políticos considéranse mal pagos cobrando como cobran catro ou cinco veces máis ca un traballador por conta allea.

E non digamos dos dereitos duns e doutros, cuxa comparanza ver ser un insulto. 

Hai -ben se sabe- políticos que acceden a unha representación na corporación municipal, provincial, autonómica, nacional ou europea empregando a panca de estar no lugar axeitado no momento electoral oportuno e só porque o decide quen o introduciu a tempo na estrutura dun partido político que acadou uns escanos cos que ese partido pagará a súa disposición a sempre aplaudir a intervención do voceiro da formación política de turno. 

Estómagos agradecidos sempre os houbo e posiblemente sempre os haberá. Moitos deles integrados nas ringleiras máis precisadas de xente comprometida co pobo pero ao que ninguén consultou se tal ou cal candidato debería figurar nas listaxes do partido. Aquí remata o compromiso: o resto é aplaudir e cobrar. 

Algún destes prohomes da nova España mesmo chegou a culpar ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, de ser quen de provocar unha nova pandemia (en relación co virus que afectou á parte da pasaxe dun cruceiro que se traslada a augas canarias procedente de Cabo  Verde) “con tal de que non se fale de corrupción, porque non ten ningún escrúpulo”. 

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.