Santiago acolle este xoves a inauguración da mostra «Culto e cultura xacobea no Barbanza e Sar»

13 Maio 2026

A Asociación Camiño de Santiago do Barbanza. A Orixe inaugurará este xoves, 14 de maio, ás 19.00 horas, a exposición itinerante «Culto e cultura xacobea no Barbanza e Sar», nun acto que terá lugar no Salón do Peregrino da Hospedería Seminario Maior, situada no Mosteiro de San Martiño Pinario.

A mostra, de carácter divulgativo, reúne unha selección de testemuñas do patrimonio histórico e artístico vinculadas ao fenómeno xacobeo ao longo do itinerario de peregrinación do Barbanza e Sar, no que a entidade traballa para a súa rehabilitación desde o ano 2017. Entre os materiais expostos inclúense varias pezas antigas recuperadas recentemente e inéditas ata o momento para o público.

O comisariado da exposición corre a cargo do palmeirán, Antonio González Millán,director do Mueso Valle-Inclán, mentres que a reportaxe fotográfica foi realizada polo sonense, Adolfo Enríquez.

Desde a asociación, presidida por Manuel Villar Iglesias, subliñan a importancia de recuperar e promover con rigor os valores históricos e culturais vinculados ao Camiño de Santiago, considerado un símbolo universal da peregrinación xacobea e declarado polo Consejo de Europa como Primeiro Itinerario Cultural Europeo no ano 1987.

A exposición poderá visitarse entre os meses de maio e outubro no horario habitual do espazo que a acolle.

O acto inaugural contará coa asistencia confirmada do arcebispo de Santiago de Compostela, ademais doutras autoridades e representantes institucionais e culturais.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.