Ribeira ponse as botas de camiñar o día 16 de maio en apoio da investigación contra o cancro

04 Maio 2026

Este 16 de maio vaise celebrar a Andaina Solidaria “Ribeira en Marcha Contra o Cancro”. A saída será ás 18.00 horas dende a praza do Concello. O itinerario a percorrer será de dificultade baixa, de 5 quilómetros.

O que se recade irá destinado a impulsar a investigación contra a dita doenza. O prezo das persoas adultas será de cinco euros e o dos nenos e nenas até 12 de anos de 3 euros. As inscricións cómpre facelas na web Rock The Sport o presencialmente (consultar no cartel). Achégase novamente a posibilidade de colaborar cunha doazón a través dun dorsal solidario, que non require de participación directa na andaina.

Organiza a AECC Ribeira en colaboración co Concello e co apoio de empresas como Vegalsa ou Solan de Cabras (patrocinadoras).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.