Rianxo acolle este martes unha xornada sobre a regularización extraordinaria de inmigrantes impartida pola Cruz Vermella Boiro

02 Maio 2026

A Cruz Vermella de Boiro impartirá en Rianxo unha charla informativa sobre o procedemento de regularización extraordinaria para persoas estranxeiras en situación irregular. Abordaranse polo miúdo os pasos a seguir (tramitacións, solicitudes) para acadar a regularización.

Será o vindeiro martes 5 de maio no Auditorio de Rianxo, a partir das 10.00 horas. Contarase coa colaboración do Concello.

A Regularización Extraordinaria de Inmigrantes 2026 é un proceso excepcional aprobado polo Goberno de España, mediante Real Decreto, que permite a estranxeiros en situación administrativa irregular obter permiso de residencia e traballo se estaban no país antes do 1 de xaneiro de 2026. Este mecanismo busca ofrecer seguridade xurídica a unhas 500.000 persoas e intégrase no Plan de Integración e Convivencia Intercultural.

Esíxese principalmente o seguinte: estar en España antes do 1 de xaneiro de 2026, acreditar unha permanencia ininterrompida de polo menos 5 meses, non ter antecedentes penais en España nin en países anteriores, e presentar pasaporte caducado ou en vigor. Débese demostrar a estancia mediante empadroamento, informes médicos, ou contratos.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.