Reabre o Aeroporto Rosalía de Castro en Santiago tras as obras de rexeneración da pista

28 Maio 2026

Este xoves 28 de maio reinaugurouse oficialmente o Aeroporto Rosalía de Castro de Santiago logo das obras realizadas nas últimas semanas. A reapertura contou coa presenza (entre outras autoridades) do delegado do Goberno en Galicia, Pero Blanco, quen destacou a aposta do Goberno de España e de AENA “pola modernización e conectividade dos 3 aeroportos galegos”. Tamén salientou a posta en marcha da nova ruta directa entre Santiago e Newark/Nova York, operada por United Airlines, coincidindo coa reapertura do Aeroporto Rosalía de Castro tras as obras de rexeneración profunda da pista.

Pedro Blanco participou no acto inaugural celebrado no aeroporto compostelán xunto ao subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, o vicepresidente sénior de Operacións de United Airlines, David Kinzelman; o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo; a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; e ao director do aeroporto, Marcos Díaz González.

Durante a súa intervención, o delegado destacou que a reapertura do aeroporto e a posta en marcha desta conexión aérea “permite unir en apenas oito horas a capital espiritual de Europa coa capital do mundo”, salientando o valor estratéxico dunha ruta que conecta Galicia cos Estados Unidos “nun momento no que parece que os continentes están cada vez máis afastados”.

Blanco agradeceu o traballo desenvolvido polo persoal do aeroporto e polas empresas encargadas das obras de renovación da pista executadas durante os 35 días de peche da terminal, así como a coordinación mantida entre os aeroportos galegos para garantir o servizo durante este período.

O delegado puxo en valor o compromiso de AENA e do Goberno de España coa mellora das infraestruturas aeroportuarias galegas, lembrando o investimento de 27 millóns de euros na mellora da pista de Santiago e os máis de 130 millóns mobilizados nos aeroportos galegos nos últimos anos a través do Ministerio de Transportes. Ademais, sinalou que o plan estratéxico de investimentos prevé destinar outros 207 millóns de euros entre 2027 e 2031 aos aeródromos galegos.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...