Proseguen os encontros veciñais “Un café co alcalde”, este xoves no Centro Social de Boiro

13 Maio 2026

Esta semana proseguen os encontros veciñais e participativos convocados polo Concello de Boiro baixo o epígrafe Un café co alcalde e destinados a atender as demandas e necesidades da cidadanía. A sesión desta semana celebrarase este xoves 14 de maio ás 20.00 horas no Centro Social de Boiro.

A finalidade destas xuntanzas é que os veciños e veciñas de cada parroquia poidan poñer de manifesto as necesidades conxuntas de cada núcleo. Está previsto que se fagan dúas xuntanzas por mes para poder visitar todas as parroquias antes do verán.

Con estes encontros búscase ter un contacto máis directo coa cidadanía e dar a oportunidade aos veciños e veciñas de que trasladen as súas peticións e demandas sen necesidade de ter que desprazarse ao Concello. Estas xuntanzas pretenden servir como complemento das xuntanzas veciñais que o alcalde e demais concelleiros e concelleiras manteñen semanalmente de xeito individual.

Outros artigos

O Concello de Ribeira reivindica o Orgullo con música e cine

O Concello de Ribeira celebrará o Día do Orgullo 2026 cunha completa axenda na que, ademais do acto institucional, non faltarán outras de carácter lúdico. Na presentación, a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, xunto á concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, e a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...