Portos e o Concello de Ribeira acordan a reversión de terreos portuarios para uso público

26 Maio 2026

Portos de Galicia e o Concello de Ribeira acordaron a proposta para a reversión ao Estado de terreos considerados innecesarios para a actividade portuaria, co obxectivo de que poidan ser posteriormente transferidos á administración local para uso público.

O acordo foi pechado nunha reunión entre o presidente do ente público, José Antonio Álvarez, e a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, na que se definiu a delimitación do solo afectado seguindo criterios técnicos consensuados coa Fegamp.

C.R.

No caso do porto de Ribeira, os terreos situados actualmente en dominio público portuario que a Xunta de Galicia proporá devolver ao Estado para a súa posterior transferencia ao Concello correspóndense coas beirarrúas de todo o paseo das Carolinas e o Malecón e a parte de titularidade portuaria dos edificios do antigo auditorio e o mercado municipal

Este encontro enmárcase na terceira fase do proceso que Portos de Galicia está a desenvolver para trasladar á Administración Xeral do Estado as solicitudes de reversión formuladas polos concellos. Ata o momento, xa se remitiron propostas correspondentes a 17 dos 25 municipios solicitantes.

Durante a reunión, ambas administracións tamén abordaron medidas para reforzar a seguridade no porto de Ribeira, coincidindo na necesidade de impulsar accións conxuntas que permitan reducir incidentes en zonas portuarias.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.