Portos e Amicos colaborarán para a limpeza de fondos mariños das dársenas

28 Maio 2026

O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, mantivo este mércores 28 de maio unha reunión con Xoan España, director xeral de Amicos, a asociación barbanzá de apoio a persoas con discapacidade, para abordar posíbeis vías de colaboración entre ambas entidades. Non encontro, ambas partes avanzaron en distintas iniciativas para o desenvolvemento de accións de concienciación e mellora ambiental nas contornas portuarias.

Durante o encontro, o presidente de Portos e do director de Amicos revisaron outras actuacións desenvolvidas pola entidade en colaboración coa Xunta de Galicia e en concreto as vinculadas á Consellería do Mar. España presentou ademais unha proposta de limpeza dos fondos marítimos portuarios de varias dársenas barbanzás a cargo dos asociados de Amicos.

Por parte do ente público, o presidente mostrou total disposición a levar a cabo esta iniciativa, coordinando as actuacións de Amicos con outras actividades que se levan a cabo na dársena para aportar maiores facilidades á entidade á hora de realizar as limpezas. Así mesmo asegurou que estudarán outras posibles colaboracións futuras.

Outros artigos

O Concello de Ribeira reivindica o Orgullo con música e cine

O Concello de Ribeira celebrará o Día do Orgullo 2026 cunha completa axenda na que, ademais do acto institucional, non faltarán outras de carácter lúdico. Na presentación, a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, xunto á concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, e a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...