O Concello de Outes dará a coñecer este domingo 17 de maio, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, os gañadores da última edición do Certame de Poesía Francisco Añón, XXX edición, que ten como obxecto a promoción dos valores creativos e literarios da lingua galega é vez que homenaxean ao poeta que lles dá nome.
Entregaranse os premios en diferentes categorías dependendo da idade da rapazada participantes, habendo un apartado para os maiores de 18 anos, cuxo premio será de 1.700 euros máis a publicación da obra galardoada. Parte do galardón terá que se gastado en libros escritos en lingua galega.
A entrega de premios será como dixemos este domingo, coincidindo co propio día das Letras Galegas ás 17h da tarde na casa da cultura. Durante o acto actuará A Rapazada, unha agrupación composta polo alumnado máis novo da Escola de Música e Baile Tradicional do Concello de Outes. A entrada será de balde.

Exposición sobre Isaac Díaz Pardo
Dentro da programación que o Concello de Outes ten en marcha para celebrar o día das Letras Galegas, a veciñanza poderá visitar a exposición “saac Díaz Pardo: Luz e compromiso, comisariada por Maka Arca e Ana M. Mosquera. A mostra estará aberta ata o 30 de xuño e as visitas serán guiadas previa inscrición na casa da cultura. Para máis información está operativo o teléfono 981 85 09 50.




