O PSdeG defende a exención das cotas de mariscadoras á Seguridade Social

13 Maio 2026
O senador socialista César Mogo

O senador do PSdeG César Mogo censurou este 12 de maio o que cualificou de “oportunismo” por parte do BNG, que levou ao pleno do Senado unha iniciativa a través da que lle preguntaba ao Goberno se ía eximir do pago de cotas á Seguridade Social ás mariscadoras afectadas por inactividade forzosa a causa da mortalidade de bivalvos. Mogo dixo que” se trata dunha medida que o propio Executivo xa anunciou en días pasados” e que, de feito, “o delegado do Goberno, Pedro Blanco, e o secretario xeral do PSdeG, xa lle avanzaron ao colectivo”.

Tal como advertiu o parlamentario socialista, e como sinalou a ministra Elma Saiz na súa intervención na sesión, “trátase dunha medida que se debe fixar por lei, e por iso mesmo o Goberno vai levar ao Congreso a súa aprobación”. Por iso, ambos solicitaron o apoio dos grupos políticos.

Lembraron tamén a posición do Grupo Socialista cando o asunto se tratou na Comisión de Pesca do Senado o pasado 28 de abril. Segundo recordaron, “o PSOE apoiou unha medida que o PP rexeitou, pero ese mesmo día, os populares reclamárona no Parlamento galego”.

“Votan unha cousa en Galicia e outra en Madrid”, subliñou César Mogo.

A ministra de Seguridade Social reprochoulle ademais ao PP que mentres gobernaba non desenvolveu ningunha medida en favor das profesionais do sector. Pola contra, o Executivo de Pedro Sánchez impulsou, entre outros, beneficios como o adianto da xubilación”.

Outros artigos

Venres de calor, ceos despexados e ventos do nordés

Galicia afrontará este venres 12, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica e a chegada de aire cálido, cunha situación dominada polo anticiclón e a circulación do nordés. Agárdanse ceos moi despexados en xeral. As temperaturas subirán de forma moderada e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...