O Pazo de Goiáns acolle o XX Agasallo a Luís Seoane

29 Maio 2026

O Concello de Boiro colabora coa Fundación Alcalde Varela e a Asociación Cultural Barbantia no desenvolvemento do XX Agasallo a Luís Seoane, que será o vindeiro luns 1 de xuño no Pazo. A concelleira de Cultura, María Outeiral, participou na presentación xunto con Bárbara da Silva e María Eugenia Alcalde, membros da Fundación.

O XX Agasallo a Luis Seoane celebrarase este luns ás 19.00 horas no Pazo de Goiáns, coincidindo coa data de nacemento do artista e intelectual galego (Buenos Aires, 1910 – A Coruña, 1979). Forma parte dunha iniciativa promovida dende o 2007 por Rosa Espiñeira Pan, conservadora, documentalista e investigadora a súa obra plástica e literaria.

Esta edición estará vinculada a unha homenaxe a Manuel Lourenzo, dramaturgo e actor fundamental da cultura galega contemporánea. O programa incluirá un recital de catro poemas a Luís Seoane, seleccionados polo propio Manuel Lourenzo, que será interpretado pola actor Xosé Manuel Esperante.

Como parte simbólica da celebración, realizarase unha plantación de tres plantas de ruda e un allo verde, en lembranza do libro de lendas de Luis Seoane Tres hojas de ruda y un ajo verde.

Fundación Alcalde Varela

A Fundación Alcalde Varela nace coa vontade de preservar a memoria artística custodiada no Pazo de Fonteneixe e dar continuidade ao legado cultural e humano de Salvador Alcalde e Loly Varela, que ao longo das súas vidas apoiaron e acompañaron a destacados artistas galegos como Luís Seoane, Laxeiro ou Colmeiro. Dende Boiro e a comarca do Barbanza, a fundación impulsa iniciativas culturais orientadas á promoción do patrimonio artístico, á creación contemporánea e ao fortalecemento da identidade cultural galega.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

Foi necesario o paso de 60 anos para acadar que os habitantes da capital de Ribeira carentes de medios de transporte propios poideran desprazarse ata a praia do Vilar na tempada de verán. Esta praia é un dos máis prezados tesouros da contorna ribeirense e tardaron ben...

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

Saen dos seus fogares, todas as semanas, en busca de alimentos, medicamentos, bonos para viaxes ou algunha que outra axuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acoden a algunha ONG ou entidade social que as axudan desde hai décadas e mesmo, a algunhas...