O Museo Valle-Inclán mostra o seu “lado oculto” este xoves 21 nunha conferencia

19 Maio 2026

O Centro de Estudos do Museo Valle-Inclán (A Pobra do Caramiñal) vai organizar e acoller este xoves 21 ás 20.00 horas a conferencia O Museo Invisible: Un percorrido polos traballos internos do Museo Valle-Inclán.

A través desta conferencia tentarase de dar eco a un dos propósitos establecidos polo ICOM [Intertational Council of Museums] para o día e semana dos museos en 2026. Abrir as portas do museo ao público.

Polo tanto, a intención é “mostrar un ámbito que raramente se ve, e se valora, polo público que accede como visita xeral ou en grupo concertado a esta sorte de centros: o dos traballos internos que se realizan diariamente dentro dos museos cos fondos das coleccións do patrimonio orixinal que reúnen e custodian, labores profesionais e de carácter técnico que constitúen a engrenaxe a través da cal se articula todo o funcionamento da institución, e que permiten que leve a cabo as súas funcións legais de rescate, conservación, divulgación e investigación, entre outras”.

En concreto, ademais de falar dos museos e outros tipos de centros museísticos, das súas funcións e características e, especificamente, de que é o que fai especial a este Museo Valle-Inclán ─de certo a institución valleinclaniana decana do país─, ao longo da conferencia seguirase o proceso de que se leva a cabo trala entrada dun ben ou un conxunto de bens ao museo.

Polo tanto, abordaranse cuestións como o motivo da súa chegada, pasando pola súa recepción, a súa valoración, a avaliación do seu estado e previsión de tratamentos paliativos, a elaboración dos instrumentos administrativos de control e de depósito, así  como a posterior catalogación cos medios de xestión documental requiridos a un museo: rexistro, inventario e catálogo, sen esquecer todos os procesos paralelos de conservación, restauración e, finalmente, musealización da peza para súa exhibición ou correcta preservación nun espazo e equipamento que garantan a súa salvagarda.

Para ilustrar ao público todos estes procesos técnicos e traballos especializados esta conferencia será acompañada dun amplo repertorio de imaxes inéditas que mostran o latexar do corazón deste centro museístico.  

O obxectivo da intervención é, en resumo, achegar o público un ámbito normalmente pechado e restrinxido, pero que constitúe a base fundamental do traballo museolóxico e sen o que ningún museo podería funcionar.

A conferencia será impartida por Sara Barbazán Domínguez e Antonio González Millán, director do Museo Valle-Inclán da Pobra.

Sara é diplomada en Traballo Social, licenciada en Historia e ten un máster en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade. Amais, é doutora en Historia pola USC, e a súa tese, investigación distinguida como cum laude, foi publicada no British Archaeological Reports de Oxford.

É autora de numeroso artigos en revistas especializadas, comunicacións en congresos internacionais e contribucións en monografías especializadas.

Foi profesora convidada na Universidade do Minho e colaborou máis dunha década co Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba, no que traballou antes de converterse na actual técnica do Museo Valle-Inclán.

Sumando unha ampla traxectoria vinculada o mundo dos museos non so como persoal técnico senón tamén como investigadora, divulgadora e usuaria.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.