O escritor ourensán Alfredo Conde recibirá este luns o XI Premio José Luís Alvite

03 Maio 2026

O novelista, poeta e articulista ourensán Alfredo Conde será distinguido este luns co XI Premio José Luís Alvite, un galardón de columnismo de opinión que concede a Asociación de Periodistas de Galicia (APG) en recoñecemento á súa “dilatada traxectoria no mundo literario e xornalístico”.

O acto de entrega terá lugar no centro social polivalente de Brión, concello no que reside o autor, a partir das 19:30 horas. A laudatio correrá a cargo do filólogo e crítico literario Armando Requeixo Cuba, mentres que Conde recibirá a escultura conmemorativa do premio, “A Deusa de Alvite”, obra de Acisclo Manzano.

Na cerimonia participarán o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos; a presidenta da APG, María Méndez González; e o alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín.

O xurado, integrado pola Xunta Directiva da APG, destaca a traxectoria de Conde ao longo de case seis décadas, que lle valeu recoñecementos dentro e fóra de Galicia. Entre eles figuran premios como o Nadal, o Nacional de Literatura, o Nacional da Crítica ou o Ginzane-Cavour á mellor novela estranxeira editada en Italia en 1990.

No ámbito xornalístico, as súas colaboracións en prensa foron distinguidas con galardóns como o Julio Camba, Fernández Latorre, Cunqueiro e Puro Cora. Ademais, recibiu a Medalla Castelao en 2016, foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade de Melbourne, cabaleiro da Orde das Artes e das Letras de Francia e fillo predilecto da provincia de Ourense.

O xurado salienta tamén a súa capacidade como narrador, tanto na literatura como no xornalismo, cunha obra que retrata con precisión persoas, feitos e épocas, deixando pegada das súas propias vivencias.

Alfredo Conde (Allariz, 1945) desenvolveu unha ampla traxectoria profesional que abrangue ámbitos como o ensino, a política e a xestión cultural. Foi mariño mercante e profesor de Historia, deputado no Parlamento de Galicia entre 1981 e 1993 e conselleiro de Cultura entre 1987 e 1990.

No eido literario, foi primeiro vicepresidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega e primeiro presidente do PEN Club de Galicia. A súa obra foi traducida a múltiples idiomas, entre eles inglés, italiano, chinés, portugués, francés e ruso.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.