Ribeira homenaxea este luns a Manuel Ayaso no terceiro aniversario do seu pasamento

18 Maio 2026

O Concello de Ribeira homenaxeará este luns 18 de maio a un dos seus artistas máis recoñecidos: Manuel Ayaso, nomeado Fillo Predilecto da localidade. Trátase dun recoñecemento que se enmarca na programación do Maio Cultural con motivo do terceiro aniversario do seu falecemento. En consecuencia, o acto comezará cunha ofrenda floral a carón da escultura na súa honra que preside a praza do Concello, ás 19.00 horas, para despois dar paso ao descubrimento de dous cadros que permanecerán no novo Auditorio Municipal: nun lado, un de Ayaso, de 1974, e, noutro, un retrato do propio Ayaso elaborado por Fernando Yañez, quen fai a doazón da obra á Administración local.

Os Liantes de Artes acompañarán musicalmente esta xornada. A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, anima a toda a veciñanza a sumarse a este acto “que enxalza a un dos nosos máximos expoñentes da arte que puxo o nome de Ribeira no mapa cultural internacional. Será un día de arte, de cultura, para lembrar e homenaxear a figura e legado de Manuel Ayaso”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...