O Concello de Ribeira pavimentará o aparcamento do IES Leliadoura

19 Maio 2026

O Concello de Ribeira acondicionará, unha vez finalice o curso académico, o aparcamento do IES Leliadoura debido ao deterioro do seu pavimento. A intervención será na época estival para non entorpecer a actividade da comunidade educativa, segundo fixeron saber a alcaldesa, María Sampedro, e máis a concelleira de Educación Nucha Brión, que engadiron que con estes traballos “cumprirase así cun compromiso que asumimos co director do centro durante o último Consello Escolar Municipal; unha petición reiterada en varias ocasións pola edil”.

Esta obra consistirá no aglomerado dunha superficie de 650 metros cadrados por un importe estimado de 12.000 euros, a executar pola
empresa Nemesio Ordóñez, S.A. Aproveitarase para pintar as prazas de estacionamento e reforzar a sinalización viaria horizontal.

Outros artigos

O Concello de Ribeira reivindica o Orgullo con música e cine

O Concello de Ribeira celebrará o Día do Orgullo 2026 cunha completa axenda na que, ademais do acto institucional, non faltarán outras de carácter lúdico. Na presentación, a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, xunto á concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, e a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...