O Concello de Ribeira homenaxea ás peixeiras polo Día da Muller no Mar 2026

15 Maio 2026

As peixeiras serán homenaxeadas polo Concello de Ribeira polo Día da Muller do Mar. En total, renderase tributo a 11 mulleres (10 que venden o peixe na praza de abastos e 1 que o fai de maneira ambulante). O acto desenvolverase no luns, 18 de maio, ás 12.00 horas, no Museo Municipal. En anteriores anos, Ribeira dedicou este días ás redeiras e mariscadores, optando por centralo neste 2026 nas peixeiras “por ser as que nos achegan un produto fresco, de calidade e proximidade para levar ás nosas mesas coa importancia que ten o peixe na alimentación. Son elas quen nos venden os recursos pesqueiros que chegan ás nosas rulas para ofrecerlle á cidadanía o mellor”, en palabras do concelleiro do Mar e Promoción do Litoral, Fernando Abraldes.

A este respecto tamén se pronuncia a alcaldesa, María Sampedro, quen destaca “o papel histórico das mulleres no sector do mar. No pasado, os homes saían a faenar e eran elas as que saían a vender a pesca do día. Actualmente, hai cada vez máis mulleres enroladas, se ben é certo que onde segue habendo maior presenza feminina é en terra: mariscando, reparando as redes, vendendo… Son elas quen nos achegan os manxares que capturan os nosos mariñeiros. Sempre recomendándonos o mellor. Elas son, en gran medida, o corazón que fai latexar ao noso mercado municipal”.

Outros artigos

En Rianxo abren as inscricións do Campamento de Teatro Verán 2026

O Concello de Rianxo informou de que están abertas as inscricións para o Campamento de Teatro Verán 2026, que inclúe unha manchea de actividades formativas e de lecer para permitir ás mozas e mozos "desfrutar dun verán diferente" ao tempo que desenvolven e sacan á luz...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ofrenda” – Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...