O Concello de Ribeira felicita ao veciño centenario Manuel Fernández Argibay

19 Maio 2026

Ribeira suma un novo veciño centenario: Manuel Fernández Argibay, quen no 17 de maio soprou o número 100. A alcaldesa, María Sampedro, e o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, desprazáronse ata o domicilio familiar no barrio da Amarella, en Santa Uxía, para trasladarlle a súa felicitación en persoa e facerlle entrega duns obsequios consistentes nun ramo de flores e unha placa de recoñecemento polo seu aniversario.

“É unha ledicia ver aos nosos maiores entrar nos 100 anos con esa vitalidade que lle permite a idade e ver que aínda continúan activos física e mentalmente, levando un envellecemento saudable”, en palabras da rexedora.

Natural de Ribeira, Manuel comezou moi novo a traballar no mar, pois con 16 anos iniciouse no marisqueo a flote; oficio ao que dedicou toda a vida.
Agora desfruta dos paseos por Coroso e da súa familia, con quen festexou a benvida ao centenario nun xantar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...